Xa nin rencor nin desprezo
xa nin temor de mudanzas;
tan só unha sede...,unha sede
dun non sei qué,que me mata
Ríos da vida¿Onde estades?
Aire!,que o aire me falta
-¿Qué ves nese fondo escuro?
¿Qué ves que tembras e calas?
-¡Non vexo!Miro, cal mira
un cego a luz do sol crara
E vou caer alí en donde
nunca o que cai se levanta.
(Rosalia de Castro-Follas Novas; "Vaguedás")